18.6.20

VENRES 19 DE XUÑO



🌞Durante o verán hai tempo para moitas cousas. Todos os nenos/as merecedes un tempo de descanso e desconexión para recuperarvos do esforzo realizado durante o curso, pero tampouco debedes perder o hábito de traballo adquirido ata agora. Mandeivos un  correo electrónico cunhas RECOMENDACIÓNS para o período estival.
 
📌Recordar que Snappet ofrece a posibilidade de deixar abertos os contidos durante o verán para os nenos/as que queiran repasar, polo que vos deixarei mate(outra editorial diferente a que traballamos ata agora), lingua galega e lingua castelá con todos os temas abertos.

👉Hoxe remata o cole, pero debido ás circunstancias, este ano non podemos estar todos xuntos na festa da auga. Aínda así, sabemos que en setembro o curso volverá a comezar, volveremos a ver aos amigos/as e valoraremos moito máis as pequenas cousas da vida.

🙋Para os que non estivestes na videochamada decirvos que para o próximo curso teredes un novo profesor. Espero que vos vaia ben e que sigades avanzando para ter un pouquiño máis preto as vosas metas e soños.  

👏👏Quero darvos a NORABOA por todo o traballo e esforzo dos últimos meses e tamén dar as GRAZAS aos vosos pais/nais por colaborar coas tarefas.

Espero que pasedes todos e todas un FELIZ VERÁN!!


17.6.20

XOVES 18 DE XUÑO

1ª HORA: MATE
Entramos en Snappet, seleccionamos a UNIDADE 8 e facemos o apartado 3- DIVIDIR UN DECIMAL ENTRE UN NATURAL.


📌VIDEOCONFERENCIA ás 11.00


16.6.20

VIDEOCONFERENCIA 5ºA XOVES ÁS 11 FINALMENTE CO PROGRAMA MEET

📣💻 IMPORTANTE!!! FINALMENTE A VIDEOCONFERENCIA DO XOVES ÁS 11 SERÁ CO PROGRAMA MEET PORQUE ALGÚN DE VÓS TIÑA PROBLEMAS CON WEBEX.

SE NON VOS CHEGOU A INFORMACIÓN DA REUNIÓN POR HANGOUTS OU POR CLASSROOM POÑEDEVOS EN CONTACTO CON EDU.

ACLARAR TAMÉN QUE ESTAREMOS MÁIS PROFES APARTE DE EDU MÁIS EU, XA QUE ALGÚNS ME ESTADES A PREGUNTAR NO CHAT.

MÉRCORES 17 DE XUÑO

1ª HORA: MATE
Entramos en Snappet, seleccionamos a UNIDADE 8 e facemos o apartado 2- MULTIPLICACIÓN DE DECIMAL POR DECIMAL.

2ª e 3ª HORA: L.G
Entramos en Snappet, seleccionamos a unidade 1 e facemos o apartado 2- VOCABULARIO e o apartado 3- GRAMÁTICA.             
 MERENDA E TEMPO DE XOGO

4ª HORA: CIENCIAS SOCIAIS
Continuamos co tema 6 "A POBOACIÓN DE ESPAÑA E GALICIA"
  • Apartado Ao peche. Avalíate.
  • Exercicios 6-7-8-9 no ordenador.
5ª HORA: INGLÉS

📌NOTA IMPORTANTE: O xoves temos unha reunión cos comerciais de Snappet para ver se se pode deixar aberta a plataforma durante o verán. Sería algo totalmente voluntario, unha opción máis para aqueles nenos/as que queiran repasar cando estedes "aburridos" 😀. Por iso atoparedes que tedes tres materias chamadas mate, lengua e lingua verán que intentaremos que queden a vosa disposición durante as vacacións.

15.6.20

MARTES 16 DE XUÑO

1ª HORA: RELI/ALT 

2ª HORA: MATE
Entramos en Snappet, seleccionamos a unidade 8 e facemos o apartado 1- MULTIPLICACIÓN DE DECIMAL POR NATURAL.

3ª HORA: L.GALEGA
Entramos en Snappet, seleccionamos a unidade 1 e facemos o apartado 1- COMPRENSIÓN LECTORA: Un robot pequeno

MERENDA E TEMPO DE XOGO
4ª HORA: E. FÍSICA

5ª HORA: CIENCIAS SOCIAIS
Continuamos co tema 6 "A POBOACIÓN DE ESPAÑA E GALICIA"
  • Apartado Ao peche. Avalíate.
  • Exercicios 1-2-3-4-5 no ordenador.

13.6.20

LUNS 15 DE XUÑO

1ª HORA: MATE
Entramos en Snappet, seleccionamos a unidade 7 e facemos o apartado PROBLEMAS e o apartado REPASO.

2ª e 3ª HORA: L.C
Continuamos co TEMA 10 "ECOS DE OTRAS ÉPOCAS"
  • Apartado Al cierre. Evalúate.
  • Exercicios 15-16-17-18-19 no ordenador.
 MERENDA E TEMPO DE XOGO

4ª HORA: INGLÉS

5ª HORA: CIENCIAS SOCIAIS
Continuamos co tema 6 "A POBOACIÓN DE ESPAÑA E GALICIA"
  • Lectura comprensiva do apartado 7- Actividades produtivas e económicas.
  • Exercicio 2 no ordenador.

11.6.20

VENRES 12 DE XUÑO

1ª HORA: MATE
Entramos en Snappet, seleccionamos a UNIDADE 7 e facemos o apartado CÁLCULO. (Recordade que podemos tachar o mesmo número de ceros en dividendo e divisor. Exemplo: 3000:10 → 300:1=300. Exemplo: 32000:400= 320:4=80)

2ª HORA: MÚSICA
3ª HORA: INGLÉS
 MERENDA E TEMPO DE XOGO
4ª HORA:L.C
Continuamos co TEMA 10 “ECOS DE OTRAS ÉPOCAS”
  • Lectura comprensiva do apartado Ortografía.
  • Exercicios 2-3-4 no ordenador.
5ª HORA:L.G
Continuamos co TEMA 12 O PAÍS DOS MOUROS
  • Apartado Ortografía. Lectura do texto Alcaparra dos Ancares de Antonio Reigosa e do apartado Palabras con -za, -zo, -cio e -cia.
  • Exercicios 2-3 no ordenador.
  • Exercicio 4 na libreta.