18.6.20

VENRES 19 DE XUÑO



🌞Durante o verán hai tempo para moitas cousas. Todos os nenos/as merecedes un tempo de descanso e desconexión para recuperarvos do esforzo realizado durante o curso, pero tampouco debedes perder o hábito de traballo adquirido ata agora. Mandeivos un  correo electrónico cunhas RECOMENDACIÓNS para o período estival.
 
📌Recordar que Snappet ofrece a posibilidade de deixar abertos os contidos durante o verán para os nenos/as que queiran repasar, polo que vos deixarei mate(outra editorial diferente a que traballamos ata agora), lingua galega e lingua castelá con todos os temas abertos.

👉Hoxe remata o cole, pero debido ás circunstancias, este ano non podemos estar todos xuntos na festa da auga. Aínda así, sabemos que en setembro o curso volverá a comezar, volveremos a ver aos amigos/as e valoraremos moito máis as pequenas cousas da vida.

🙋Para os que non estivestes na videochamada decirvos que para o próximo curso teredes un novo profesor. Espero que vos vaia ben e que sigades avanzando para ter un pouquiño máis preto as vosas metas e soños.  

👏👏Quero darvos a NORABOA por todo o traballo e esforzo dos últimos meses e tamén dar as GRAZAS aos vosos pais/nais por colaborar coas tarefas.

Espero que pasedes todos e todas un FELIZ VERÁN!!


2 comentarios: