24.3.20

Recordar que as tarefas que se propoñen neste blog en ningún caso serán avaliables

Os condicionantes persoais de cada familia e as posibilidades de acceder aos contidos e realizar as tarefas son moi diversos. Isto fai que non todos os nenos/as teñan as mesmas oportunidades para realizalas.

Recordar tamén que podemos compartir os datos dos teléfonos (axustes→ conexión compartida) cos portátiles dos nenos/as no caso de non poder acceder a internet por wifi. 

Na web do cole  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxanza/ os especialistas  de cada materia están colgando tarefas por cursos.

En caso de dúbida escribide un comentario e xa me poño en contacto convosco vía mail ou telefónicamente. 

Saúdos a tod@s, ánimo e a coidarse que agora é o prioritario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario