28.4.20

MÉRCORES 29 DE ABRIL

1ª HORA: MATE
Entramos en Snappet, seleccionamos a UNIDADE 3 e facemos o apartado 1. Divisor de dos cifras.
(Os exercicios 1j, 2p e 2q se queredes saltádeos. Son divisións que fan as restas polo medio e non estamos habituados a facelas así e podedes liarvos)

Non deixedes círculos vermellos. Intentádeo varias veces e se non sabedes para eso está o chat.

2ª e 3ª HORA: L.G
Continuamos co TEMA 9 GRANDE COMA UN MUNDO!
  • Apartado Vocabulario.  Escoita e le o texto que pertence ao libro O caso máis estraño do detective Marschen de Xavier Frías Conde.
  • Lectura comprensiva dos seguintes apartados (xa traballados con anterioridade): Formación do nome. A formación do feminino. O número: singular e plural
  • Exercicios 3-4-5 no ordenador.
 MERENDA E TEMPO DE XOGO

4ª HORA: CIENCIAS NATURAIS
Continuamos co tema 5  “Os ecosistemas
  • Apartado 8.- Ao peche. Avalíate. Exercicios 6-7-8-9-10 (Dádelle a gardar exercicios na parte superior da páxina)           
5ª HORA: INGLÉS
 RECORDADE QUE TEDES OS TRABALLOS DOS ESPECIALISTAS NAS SÚAS RESPECTIVAS CARPETAS NA WEB DO COLE 

3 comentarios:

  1. Pablo o que habia que facer para os amigas/o non mo deixa enviar non sei por que





























    ResponderEliminar
  2. Pablo mira que temos que poñer no de snappet porque me pon usuario da igual cal??e que non me deixa .

    ResponderEliminar
  3. Hola María! O das instruccións era para enviar por correo electrónico a pablo.reboredo@ceipxanza.com

    Para entrar en snappet tes unha entrada no blog con toda a información.Copióche aquí a información relativa ao usuario e contrasinal.

    O usuario será o mesmo que utilizades na vosa conta de correo do cole (nome, iniciais dos apelidos e ano de nacemento). Exemplo: pepear2009

    O contrasinal será para todos o mesmo @Valga5

    Na carpeta de 5ºA na web do cole, tes un titorial que tes que ler para saber manexarte un pouco na aplicación.

    Se prefires que te chame mañan dime a que hora che vai ben e vouche decindo.

    ResponderEliminar