13.4.20

SNAPPET

Durante as vindeiras semanas traballaremos tamén coa aplicación Snappet, que nos axudará a repasar os contidos dunha forma práctica e sinxela.

Nesta plataforma, ao igual que en Edixgal, poderei facer un seguimento das tarefas que realicedes e ademais teremos un chat para consultar dúbidas.

Snappet oferta contidos de Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés.

Comezarei cargando un apartado da primeira lección de matemáticas para ver que todos/as somos capaces de entrar na plataforma e acceder as leccións.

Podedes acceder clicando sobre a palabra SNAPPET  que tedes na marxe dereita do blog (enlaces de interese) ou ben a través de google, poñendo a palabra snappet e unha vez que estedes na páxina entrando en alumnos na parte superior. Deixo tamén un enlace a páxina pinchando aquí.

Vaivos pedir un usuario e un contrasinal.

O usuario será o mesmo que utilizades na vosa conta de correo do cole (nome, iniciais dos apelidos e ano de nacemento). Exemplo: pepear2009

O contrasinal será para todos o mesmo @Valga5 

(Os que non sexades capaces de acceder mandádeme un correo a pablo.reboredo@ceipxanza.com )

Unha vez que entredes co voso usuario e contrasinal aparecerá a pantalla inicial co voso nome e as diferentes materias

Pinchades en matemáticas e entrades en lecciones, plan de lecciones. Entrades na unidade 1 (T1). Facemos o apartado 1.Escribir millones que consta de explicación, práctica e reforzo. Se pinchamos no signo + poderedes seguir facendo exercicios de ampliación.

Non carguei máis contidos para non liarnos. Irei cargando contidos segundo vaia mandando tarefas no blog.



No hay comentarios:

Publicar un comentario