15.4.20

XOVES 16 DE ABRIL

1ª HORA: MATE
Entrar en Snappet e facer o apartado 2. Descomponer millones.
(OBRIGATORIO LER ANTES O TITORIAL QUE VOS DEIXEI NA CARPETA DE 5ºA NA WEB DO CENTRO no que explico como acceder a Snappet e como facer os apartados que vos vou deixando porque non todos fixestes ben o apartado 1).
Tamén podedes acceder pinchando aquí.
 
2ª HORA: ARTS 

3ª HORA: L.C
Continuamos co TEMA 7 “PERSONAS EXTRAORDINARIAS”
  • Apartado Gramática. Lectura comprensiva do adxectivo, clases e grados.
  • Visionado do seguinte vídeo que me explica o lido no libro.
  • Exercicio 2-3 no ordenador.
 MERENDA E TEMPO DE XOGO

4ª HORA: CIENCIAS NATURAIS
Continuamos co tema 5 “Os ecosistemas
  • Lectura comprensiva do apartado 3.- Relacións dentro dos ecosistemas. Escribe na libreta a diferencia entre relación intraespecífica e interespecífica e pon un exemplo de cada unha.
5ª HORA:E. FÍSICA

14.4.20

MÉRCORES 15 DE ABRIL

1ª HORA: MATE
Para os que non o fixeron onte. Entrar en Snappet e facer o apartado 1. Escribir millones.
(EXPLICADO COMO ACCEDER NA ENTRADA DO BLOG ANTERIOR A DO MARTES)
Os que xa o fixestes podedes repasar matemáticas cun xogo, pulsa AQUÍ.
Se non vos abre, copiade este enlace no voso navegador e dádelle a jugar.  http://www.cristic.com/portfolio-items/simpaticas-5/?portfolioID=12218
Nesta páxina, http://www.cristic.com/, hai moitos xogos para repasar contidos.
2ª e 3ª HORA: L.G
Continuamos co TEMA 8 QUERIDO DIARIO!
  • Apartado Expresión oral e escrita. Lectura comprensiva de toda a páxina. Exercicio 1 no ordenador.
 MERENDA E TEMPO DE XOGO

4ª HORA: CIENCIAS NATURAIS
Continuamos co tema 5  “Os ecosistemas
  • Lectura comprensiva do apartado 2.- O ecosistema. Fai un esquema na libreta. (Deixo exemplos de esquemas debaixo do tema 5 en edixgal)
5ª HORA: INGLÉS

13.4.20

MARTES 14 DE ABRIL

1ª HORA: RELI/ALT 
2ª HORA: MATE
Entrar en Snappet e facer o apartado 1. Escribir millones. (EXPLICADO COMO ACCEDER NA ENTRADA DO BLOG ANTERIOR)

3ª HORA: L.G
Continuamos co TEMA 8 QUERIDO DIARIO!
  • Apartado GRAMÁTICA. Lectura "Un sentido sen sentido"
  • Apartado GRAMÁTICA. Lectura comprensiva da páxina. Determinantes  INDEFINIDOS e NUMERAIS. (Xa os vimos en L. Castelá) Exercicios 2-3-4 no ordenador
MERENDA E TEMPO DE XOGO
4ª HORA: E. FÍSICA

5ª HORA: CIENCIAS NATURAIS
Comezamos co tema 5 “Os ecosistemas
  •  Lectura comprensiva do apartado 1.- "Os últimos da súa especie"
📌 Nas linguas e nas ciencias iremos avanzando algún tema que sexa de repaso de contidos vistos en cursos anteriores.

SNAPPET

Durante as vindeiras semanas traballaremos tamén coa aplicación Snappet, que nos axudará a repasar os contidos dunha forma práctica e sinxela.

Nesta plataforma, ao igual que en Edixgal, poderei facer un seguimento das tarefas que realicedes e ademais teremos un chat para consultar dúbidas.

Snappet oferta contidos de Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés.

Comezarei cargando un apartado da primeira lección de matemáticas para ver que todos/as somos capaces de entrar na plataforma e acceder as leccións.

Podedes acceder clicando sobre a palabra SNAPPET  que tedes na marxe dereita do blog (enlaces de interese) ou ben a través de google, poñendo a palabra snappet e unha vez que estedes na páxina entrando en alumnos na parte superior. Deixo tamén un enlace a páxina pinchando aquí.

Vaivos pedir un usuario e un contrasinal.

O usuario será o mesmo que utilizades na vosa conta de correo do cole (nome, iniciais dos apelidos e ano de nacemento). Exemplo: pepear2009

O contrasinal será para todos o mesmo @Valga5 

(Os que non sexades capaces de acceder mandádeme un correo a pablo.reboredo@ceipxanza.com )

Unha vez que entredes co voso usuario e contrasinal aparecerá a pantalla inicial co voso nome e as diferentes materias

Pinchades en matemáticas e entrades en lecciones, plan de lecciones. Entrades na unidade 1 (T1). Facemos o apartado 1.Escribir millones que consta de explicación, práctica e reforzo. Se pinchamos no signo + poderedes seguir facendo exercicios de ampliación.

Non carguei máis contidos para non liarnos. Irei cargando contidos segundo vaia mandando tarefas no blog.



3.4.20

SEMANA SANTA

📌POR ORDE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ATA O 📅MARTES 14 DE ABRIL📅 NON SE RETOMARÁN AS TAREFAS TELEMÁTICAS.

Os que non fostes capaces de seguir as tarefas diarias podedes intentar rematalas nestes días.

SEGUIMOS EN CONTACTO TANTO A TRAVÉS DO BLOG COMO NO CORREO 📧 pablo.reboredo@ceipxanza.com
Podedes escribirme para saber que tal estades, como levades o estar na casa, se tedes problemas para facer as tarefas,etc

Despois de SEMANA SANTA utilizaremos unha FERRAMENTA NOVA 📱(pero que xa coñecedes ❓❓😉) para complementar as tarefas que facemos en EDIXGAL.

ESTADES TRABALLANDO MOI BEN 👍

DESEXO QUE TODOS/AS ESTEDES BEN E TAMÉN AS VOSAS FAMILIAS

ÁNIMO A TOD@S

2.4.20

VENRES 3 DE ABRIL

1ª HORA: MATE
ENTRAMOS EN EDIXGAL e debaixo do tema 7 hai un bloque que pon repaso curso con diferentes enlaces.
  1. Entramos no que pon repaso operaciones combinadas e tamén no de repaso unidades de tempo (no exercicio 2 hai un erro e non deixa completar o de 120 seg= 2 min)
  2. Facémolas 2 fichas e unha vez rematadas dádeslle a TERMINADO.
  3. Dános 2 opcións, escollemos enviar mis respuestas a mi profesor.
  4. Ábrese un formulario e cubrides o voso nome, curso, asignatura e poñedes o meu mail: pablo.reboredo@ceipxanza.com
  5. Dádeslle a send e xa vos sae unha mensaxe  de confirmación de que me enviastedes a ficha.
  6. Dádeslle a cerrar e xa vos aparece a ficha correxida. 
2ª HORA: MÚSICA
3ª HORA: INGLÉS
 MERENDA E TEMPO DE XOGO

4ª HORA:L.C
Continuamos co tema 7 “PERSONAS EXTRAORDINARIAS
  • Apartado Literatura. Lectura "los subgéneros narrativos. Mitos, leyendas y fábulas"
  • Exercicio 3 (ler as dúas fábulas) e contestar na libreta os exercicios 4-5-6-7.
5ª HORA:L.G
 Continuamos co tema 8 Querido diario!
  • Apartado Ortografía. Lectura do diario e do apartado palabras con h.
  • Exercicios 2 e 3 no ordenador.

1.4.20

XOVES 2 DE ABRIL

1ª HORA: MATE
ENTRAMOS EN EDIXGAL e debaixo do tema 7 hai un bloque que pon repaso curso con diferentes enlaces.
  1. Entramos no que pon repaso horas (non fagades o exercicio 7 que necesitades micrófono, a nota máxima sería un 8/10) e tamén no de repaso fracción dun número.
  2. Facémolas 2 fichas e unha vez rematadas dádeslle a TERMINADO.
  3. Dános 2 opcións, escollemos enviar mis respuestas a mi profesor.
  4. Ábrese un formulario e cubrides o voso nome, curso, asignatura e poñedes o meu mail: pablo.reboredo@ceipxanza.com
  5. Dádeslle a send e xa vos sae unha mensaxe  de confirmación de que me enviastedes a ficha.
  6. Dádeslle a cerrar e xa vos aparece a ficha correxida. 
2ª HORA: ARTS

3ª HORA: L.C
ENTRAMOS EN EDIXGAL e debaixo do tema 7 hai un PDF que pon TAREA LENGUA 5ºA. Abrímolo e xa nos ven explicado o que hai que facer. (Facémolo na libreta)
 MERENDA E TEMPO DE XOGO

4ª HORA: CIENCIAS SOCIAIS
Continuamos co tema 4 “Clima e paisaxe de España e Galicia
  • Apartado ao peche. Reforza. Exercicios 1-2-3-4-5 no ordenador. Repasade antes de facer os exercicios.
  • Recordade que nos EXERCICIOS DE CIENCIAS, cando lle dades a comprobar, na parte superior da páxina, onde as pestañas do menú do tema, aparece un icono de gardar respostas.
5ª HORA:E. FÍSICA